Blog de César Salgado

Reduci-lo consumo de papel

Pedíronlles ós rapaces ideas para, ademais de recicla-lo que botamos á papeleira, reduci-lo consumo de papel na escola. Aquí están as propostas dos alumnos de 4º B:

  • Aproveitar ben os papeis (por diante e por detrás) e as libretas.
  • Ser coidadosos para non ter que repeti-las tarefas noutro papel.
  • Utiliza-lo papel para cousas útiles, non para facer avionciños…
  • Non duplicar informacións xa coñecidas (menús no comedor, por exemplo).

Novembro 30, 2006 Posted by César Salgado | Education | | Non hai comentarios

Ejercicios de Ortografía en línea

Agradezco a Marta que se preocupe por nuestro trabajo sobre las tildes del castellano. Hoy ha encontrado para nosotros esta página con ejercicios de Ortografía en línea, de Mariano Santos Posada, maestro en el CEIP “Peñalta” de Buitrago del Lozoya (Madrid).
Gracias a Mariano por compartir su trabajo y a Marta por pensar en el nuestro.

Novembro 24, 2006 Posted by César Salgado | Education, Language | | Non hai comentarios

Situándonos

Témo-lo río Sil a poucos metros. El modela a nosa paisaxe e rega os nosos cultivos. Aquí vai unha imaxe coa situación do concello do Barco na provincia de Ourense:

O Barco na provincia de Ourense

E outra coas comunicacións da comarca de Valdeorras (estradas “Nacional 120″ e “Nacional 536″):

estradas de Valdeorras

En ningún destes mapas aparece o río, nin a cidade máis próxima, que é Ponferrada. Xa poñeremos un mapa algo millor, e fotos…

Por certo, estas imaxes copiámolas de Concellos de Galicia e Comarcas de Galicia.

Novembro 23, 2006 Posted by César Salgado | Education, Galicia | | Non hai comentarios

Os acentos

Estamos a traballar duro coas regras básicas da acentuación en castellano, que son case as mesmas que as do galego. Xa haberá tempo para excepcións, tildes diacríticas e demais… Tamén repasámo-la multiplicación e imos traballar sumando e restando euros e céntimos na libreta e no JClic, actividade Eurobingo.

Novembro 22, 2006 Posted by César Salgado | Education | | Non hai comentarios