Situándonos
Témo-lo río Sil a poucos metros. El modela a nosa paisaxe e rega os nosos cultivos. Aquí vai unha imaxe coa situación do concello do Barco na provincia de Ourense:

E outra coas comunicacións da comarca de Valdeorras (estradas “Nacional 120″ e “Nacional 536″):

En ningún destes mapas aparece o río, nin a cidade máis próxima, que é Ponferrada. Xa poñeremos un mapa algo millor, e fotos…
Por certo, estas imaxes copiámolas de Concellos de Galicia e Comarcas de Galicia.

