Blog de César Salgado

31 Xaneiro 2007

Exercicios con fraccións

Gardado en: Education — César Salgado @ 21:35

Como en matemáticas andamos coas fraccións a voltas, igual botamos un ollo ás actividades que preparou Mario Ramos Rodríguez no Colectivo de Escuelas Rurales “El Tanque” de Tenerife. Graciñas por compartírde-lo voso traballo.

30 Xaneiro 2007

¡Enlazáronnos!

Gardado en: Education — César Salgado @ 18:57

A pesar de que isto está un pouco parado en canto proxecto de grupo, ¡recibimos un enlace! Pois si, aparecemos enlazados desde outro blog feito por rapaces de 3º e 4º de Primaria, spike’s web page, administrado pola profesora de inglés Mariña García San León.

Por certo, navegando un pouco pola páxina de Mariña reencontro a dous profes da Escola de Maxisterio dos que gardo bos recordos: un é José Manuel Vez Jeremías, que aparece como director do Observatorio Atrium Linguarum (grupo de investigación sobre o ensino das linguas) e outra é Adriana Gewerc Barujel, que escribe o blog “Novas Tecnoloxías e profesorado”. Graciñas a todos por ese lado humano que mostrades no voso traballo.

Actualización: sigo a navegar, agora pola mencionada páxina de Adriana, e encontro “Cuaderno de campo”, blog de Mariano Fernández Enguita, un dos meus autores de cabeceira nos primeiros tempos de Maxisterio.

Charlas da ONG Survival

Gardado en: Botswana, Education, Human Rights, Politics, Survival International — César Salgado @ 18:27

Hoxe celebrámo-lo día da paz, con desexos, un mural, xogos e cancións. Está ben tamén recordar que hai seres humanos en piores condicións. Acaba de chegarme unha oferta de charla da organización non gobernamental (ONG) Survival, dedicada á defensa dos pobos indíxenas.

Como exemplo do seu traballo, podemos ver varios documentos sobre o caso dos bosquimanos expulsados da súa terra, unha reserva de caza do Kalahari (Botsuana) onde algunhas empresas queren explotar minas de diamantes.

25 Xaneiro 2007

Chega o “día da paz”

Gardado en: Education, Human Rights, Politics — César Salgado @ 21:20

Pois si, xa hai 59 anos do asasinato de Mohandas Karamchand Gandhi, apóstolo da non-violencia como serían máis tarde, por exemplo, Martin Luther King ou Óscar Romero.

Estas persoas loitaron pacificamente en conflictos longos e difíciles de comprender, mesmo para moitos adultos, pero para compartir e aplica-la súa filosofía “non se necesita coñece-lo segundo principio da Termodinámica”…

24 Xaneiro 2007

A cazar iba don Pedro…

Gardado en: Education, Language — César Salgado @ 22:09

Hoy nos ha surgido en clase esta duda: ¿debemos escribir “don Pedro” o “Don Pedro”? Pues el “Diccionario panhispánico de dudas” (Real Academia Española, 2005) dice que debe escribirse “don” con minúscula pero “D.” con mayúscula:

“6.8. Los tratamientos (usted, señor, don, fray, san(to), sor, reverendo, etc.), salvo que se escriban en abreviatura, caso en que se escriben con mayúscula: Ud., Sr., D., Fr., Sto., Rvdo. Solo cuando, por tradición, se han formado acuñaciones que funcionan como nombres propios, se escribirán estos tratamientos en mayúscula: Fray Luis, referido a fray Luis de León; Sor Juana, referido a sor Juana Inés de la Cruz; Santa Teresa, referido a santa Teresa de Jesús.”

Ver el artículo completo sobre las mayúsculas.

23 Xaneiro 2007

asinaturas polo PuntoGal

Gardado en: Galicia, Language, Politics — César Salgado @ 22:14

Aproveito este blog para facer un pouco de proselitismo: a Asociación PuntoGal xurdiu hai uns meses para reclamar da ICANN un dominio galego (.gal) na internet, de xeito similar ó acadado polos cataláns (.cat) logo do encomiable traballo da Associació puntCAT.

Pois ben, agora pode asinarse de xeito individual en apoio desta petición.

Tamén se pode ver quen asinou de xeito individual e coñecer que entidades e colectivos se adheriron á campaña.

22 Xaneiro 2007

Sempre os mesmos acordes

Gardado en: Education, History, Humour, Music, Vocal music — César Salgado @ 21:33

Envíame a miña colega Susana Vilariño o enlace cun vídeo de YouTube onde o cómico Rob Paravonian se pregunta por que tódalas cancións teñen os mesmos acordes que o “Canon” de Pachelbel. É como unha pequena historia da música pop nun par de minutos. A que enlazo aquí é unha versión con subtítulos en español. Graciñas a todos por compartilo:

21 Xaneiro 2007

Conxugando verbos

Gardado en: Education, Galicia, Language — César Salgado @ 10:30

Como na aula temos en progreso unha introducción á conxugación verbal do galego e do español, anoto un par de sitios interesantes.

O primeiro refírese ó español, é a sección “Diccionarios en línea” da Universidad de Oviedo. Inclúe varios diccionarios e un conxugador de verbos en español.

O segundo é a páxina da Galipedia (Wikipedia en galego) sobre “o verbo na normativa oficial do galego”.

Graciñas a todos por democratiza-lo acceso ó coñecemento.

Artigos Antigos »

Bloguea en WordPress.com.