asinaturas polo PuntoGal
Aproveito este blog para facer un pouco de proselitismo: a Asociación PuntoGal xurdiu hai uns meses para reclamar da ICANN un dominio galego (.gal) na internet, de xeito similar ó acadado polos cataláns (.cat) logo do encomiable traballo da Associació puntCAT.
Pois ben, agora pode asinarse de xeito individual en apoio desta petición.
Tamén se pode ver quen asinou de xeito individual e coñecer que entidades e colectivos se adheriron á campaña.

