¡Enlazáronnos!
A pesar de que isto está un pouco parado en canto proxecto de grupo, ¡recibimos un enlace! Pois si, aparecemos enlazados desde outro blog feito por rapaces de 3º e 4º de Primaria, spike’s web page, administrado pola profesora de inglés Mariña García San León.
Por certo, navegando un pouco pola páxina de Mariña reencontro a dous profes da Escola de Maxisterio dos que gardo bos recordos: un é José Manuel Vez Jeremías, que aparece como director do Observatorio Atrium Linguarum (grupo de investigación sobre o ensino das linguas) e outra é Adriana Gewerc Barujel, que escribe o blog “Novas Tecnoloxías e profesorado”. Graciñas a todos por ese lado humano que mostrades no voso traballo.
Actualización: sigo a navegar, agora pola mencionada páxina de Adriana, e encontro “Cuaderno de campo”, blog de Mariano Fernández Enguita, un dos meus autores de cabeceira nos primeiros tempos de Maxisterio.

