Charlas da ONG Survival
Hoxe celebrámo-lo día da paz, con desexos, un mural, xogos e cancións. Está ben tamén recordar que hai seres humanos en piores condicións. Acaba de chegarme unha oferta de charla da organización non gobernamental (ONG) Survival, dedicada á defensa dos pobos indíxenas.
Como exemplo do seu traballo, podemos ver varios documentos sobre o caso dos bosquimanos expulsados da súa terra, unha reserva de caza do Kalahari (Botsuana) onde algunhas empresas queren explotar minas de diamantes.
Non hai comentarios
Aínda non hai comentarios.
Sorry, the comment form is closed at this time.
About (presentación)
Nota: varios vídeos que incluín neste blog, entre eles gravacións históricas de ópera, xa non están en YouTube. Se a causa foi algunha denuncia, opino que é un abuso claro do copyright. Pero, por desgracia para os melómanos e para a difusión da cultura, YouTube é un negocio e son libres para quitalos do seu servizo haxa denuncias ou non…
Para saber máis sobre min, podes visita-la páxina persoal de César Salgado García (que son eu). Este blog empeceino a finais do 2006 para un grupo de alumnos (eran “cuarto B”, de aí o nome que tivo nun principio), pero o proxecto non callou e acabou sendo o meu blog persoal. Recomendo usa-lo navegador Mozilla Firefox. Se queres escribirme, este é o meu e-mail: cesarsalgado@yahoo.com. Este son eu no 1997:

E esta é unha petición para un dominio galego (se os cataláns o conseguiron, nós tamén podemos):
