Blog de César Salgado

Concerto de música antiga

Acabo de saber que o Grupo de Música Antiga “1500″ ten previsto dar un concerto no Teatro “Lauro Olmo” do Barco de Valdeorras o próximo 16 de marzo. Neste grupo cantan e tocan varios coñecidos meus, entre eles o gambista Xurxo Lois Varela Díaz e o sacabuxa José Ignacio Castro Lozano.

“Música antiga” (en inglés, “early music”) é un concepto que abrangue a música da Idade Media, do Renacemento e do Barroco. Unha boa páxina para introducirse é Early Music FAQ.

Febreiro 4, 2007 - Posted by César Salgado | Education, Galicia, Music, Recorder, Sackbut, String music, Viola da gamba, Vocal music, Wind music | | Non hai comentarios

Non hai comentarios

Aínda non hai comentarios.

Sorry, the comment form is closed at this time.