Historia dunha melodía
Moitas melodías, igual que os romances, tiveron unha interesante vida nas súas variantes orais e escritas. Por exemplo, aquí está unha pequena historia do coral da cantata BWV 130 de Bach, Herr Gott, dich loben alle wir.
Algunhas abreviaturas usadas na páxina citada: NBA (nada que ver co baloncesto, é a Neue Bach-Ausgabe); EKG (non é electrocardiograma, senón Evangelisches Kirchengesangbuch); e por suposto, BWV (non é unha marca de coches, é o Bach-Werke-Verzeichnis).

