Blog de César Salgado

Obras de Diego Ortiz para viola da gamba

Algúns pensan que as obras de Diego Ortiz son máis pedagóxicas que artísticas. Para min, parafraseando a Kodály, son como moedas de ouro, pequenas pero de inmenso valor.

Ernst Stolz puxo en YouTube varios vídeos seus tocando a viola da gamba e outros instrumentos. Seleccionei hoxe este, onde toca a Recercada primera sobre “O felici occhi miei”. Thank you, Ernst…

Abril 15, 2007 Posted by César Salgado | Diego Ortiz, Keyboard music, Kodály, Music, String music, Viola da gamba | | Non hai comentarios

Toccata e Fuga BWV 565

Unha das obras para órgano máis coñecidas é a Toccata e Fuga en “re menor”, BWV 565. A min encántame, como case todo o de Bach. Para segui-las voces pódense usa-las partituras en PDF extraídas (de edicións no dominio público) polo International Music Score Library Project. Enlazo o índice das obras de Johann Sebastian Bach no IMSLP.

En YouTube encontrei varias versións e recomendo a de Aarnoud de Groen:

Pero tamén hai outras:

Impresionante…

Abril 15, 2007 Posted by César Salgado | Education, Johann Sebastian Bach, Keyboard music, Music, Organ | | Non hai comentarios