Toccata e Fuga BWV 565
Unha das obras para órgano máis coñecidas é a Toccata e Fuga en “re menor”, BWV 565. A min encántame, como case todo o de Bach. Para segui-las voces pódense usa-las partituras en PDF extraídas (de edicións no dominio público) polo International Music Score Library Project. Enlazo o índice das obras de Johann Sebastian Bach no IMSLP.
En YouTube encontrei varias versións e recomendo a de Aarnoud de Groen:
Pero tamén hai outras:
- Hans-Andre Stamm
- Karl Richter
- Unha divertida parodia: os King’s Singers “deconstructing Bach”
- Unha versión MIDI con musicograma
- Unha transcrición para orquestra de Leopold Stokowski (interpretada por Wolfgang Sawallisch)
- Unha versión da fuga interpretada polo acordeonista Vitaly Dmitriev
Impresionante…
Non hai comentarios
Aínda non hai comentarios.
Sorry, the comment form is closed at this time.
About (presentación)
Nota: varios vídeos que incluín neste blog, entre eles gravacións históricas de ópera, xa non están en YouTube. Se a causa foi algunha denuncia, opino que é un abuso claro do copyright. Pero, por desgracia para os melómanos e para a difusión da cultura, YouTube é un negocio e son libres para quitalos do seu servizo haxa denuncias ou non…
Para saber máis sobre min, podes visita-la páxina persoal de César Salgado García (que son eu). Este blog empeceino a finais do 2006 para un grupo de alumnos (eran “cuarto B”, de aí o nome que tivo nun principio), pero o proxecto non callou e acabou sendo o meu blog persoal. Recomendo usa-lo navegador Mozilla Firefox. Se queres escribirme, este é o meu e-mail: cesarsalgado@yahoo.com. Este son eu no 1997:

E esta é unha petición para un dominio galego (se os cataláns o conseguiron, nós tamén podemos):
