Blog de César Salgado

Narvaez: “Cancion del emperador” after “Mille regres” by Josquin (Valéry Sauvage, lute)

Valéry Sauvage interpreta aquí a “Cancion del emperador”, que é unha versión de Luis de Narváez (ou Luys de Narvaez, que a ortografía daquel tempo era variable) sobre a canción “Mille regres” (ou “Mille regretz”, atribuída a Josquin des Prez).

Esta obra foi publicada en Los seys libros del Delphin de musica de cifras para tañer vihuela (Valladolid, 1538). Non eran partituras como as que hoxe coñecemos, senón tablaturas. Algúns arranxos destas marabillosas obras pódense encontrar na páxina sobre Luys de Narvaez no Werner Icking Music Archive.

Abril 29, 2007 - Publicado por César Salgado | Josquin, Lute, Music, Narvaez, String music | | Aínda non hai comentarios