Blog de César Salgado

Máis recercadas

Xa falei de Ernst Stolz hai unhas semanas, na anotación Obras de Diego Ortiz para viola da gamba e hai uns días en Máis música antiga en YouTube.

Pois ben, este músico segue a producir vídeos a grande velocidade, do cal me alegro moito. Onte apareceu o último, coas Recercadas I e II para viola da gamba a solo de Diego Ortiz. Graciñas por compartíre-las túas interpretacións (thank you for sharing your performances)…

P.S. Nestoutro vídeo toca con Robert Ouwerkerk ó cravo: Recercada I sobre “Doulce mémoire”. Díxenlle que sería máis musical tocar con alguén que facer todo el so, e creo que toca sen ensaiar para non darme a razón.

P.S. (18 – I – 2008). Retirou o vídeo con Robert Ouwerkerk. Por unha vez, de entre os moitos vídeos que retirou do seu canal, estou de acordo coa súa decisión.

Maio 3, 2007 - Publicado por César Salgado | Diego Ortiz, Harpsichord, Keyboard music, Music, String music, Viola da gamba | | Aínda non hai comentarios