La Lyra Hispana
Buscaba por YouTube máis cousas de Diego Ortiz para viola da gamba, e encontrei unha páxina con vídeos do grupo de música e danza antiga La Lyra Hispana. É a páxina de nanosanchez. Alí están, entre outros, estes tres vídeos.
Primeiro, Recercada sobre o tema da romanesca:
Segundo, Recercada sobre o tema do passamezzo:
E terceiro (non é de Diego Ortiz, pero non me podo resistir á tentación de citalo), o vídeo onde cantan O magnum mysterium (obra de Tomás Luis de Victoria), unha das miñas pezas corais preferidas:
Thank you very much for sharing your performances.
Non hai comentarios
Aínda non hai comentarios.
Sorry, the comment form is closed at this time.
About (presentación)
Nota: varios vídeos que incluín neste blog, entre eles gravacións históricas de ópera, xa non están en YouTube. Se a causa foi algunha denuncia, opino que é un abuso claro do copyright. Pero, por desgracia para os melómanos e para a difusión da cultura, YouTube é un negocio e son libres para quitalos do seu servizo haxa denuncias ou non…
Para saber máis sobre min, podes visita-la páxina persoal de César Salgado García (que son eu). Este blog empeceino a finais do 2006 para un grupo de alumnos (eran “cuarto B”, de aí o nome que tivo nun principio), pero o proxecto non callou e acabou sendo o meu blog persoal. Recomendo usa-lo navegador Mozilla Firefox. Se queres escribirme, este é o meu e-mail: cesarsalgado@yahoo.com. Este son eu no 1997:

E esta é unha petición para un dominio galego (se os cataláns o conseguiron, nós tamén podemos):
