Santiago Prado Conde
É unha lástima que o antropólogo de Melide Santiago Prado Conde (Chago para os amigos, e el eo desde os tempos da Escola de Maxisterio) aínda non teña páxina web, ou bitácora, ou algo así, porque seguro que había dicir cousas máis interesantes ca min, sobre a educación e a política, por exemplo.
Acabo de saber, con tres meses e pico de retraso, que Chago gañou o Premio “Vicente Risco” de Ciencias Sociais, cun traballo baseado na tese que lle valeu o título de doutor, Poboacións non pertinentes nas institucións educativas. O alumnado con procedencia rural na Terra de Melide, e que será publicado en breve por Sotelo Blanco Edicións.
O premio en cuestión convócano anualmente a Fundación Sotelo Blanco, a Fundación Vicente Risco, o Concello de Allariz e o Concello de Castro Caldelas.
Noraboa, amigo. Os anos que levas a traballar incansable comezan a da-los seus froitos…
P.S. (30 - XII - 2007): anoto na bitácora que xa saíu publicado o libro, co título Novas minorías nas institucións educativas (ISBN: 9788478245260).

