Blog de César Salgado

Santiago Prado Conde

É unha lástima que o antropólogo de Melide Santiago Prado Conde (Chago para os amigos, e el eo desde os tempos da Escola de Maxisterio) aínda non teña páxina web, ou bitácora, ou algo así, porque seguro que había dicir cousas máis interesantes ca min, sobre a educación e a política, por exemplo.

Acabo de saber, con tres meses e pico de retraso, que Chago gañou o Premio “Vicente Risco” de Ciencias Sociais, cun traballo baseado na tese que lle valeu o título de doutor, Poboacións non pertinentes nas institucións educativas. O alumnado con procedencia rural na Terra de Melide, e que será publicado en breve por Sotelo Blanco Edicións.

O premio en cuestión convócano anualmente a Fundación Sotelo Blanco, a Fundación Vicente Risco, o Concello de Allariz e o Concello de Castro Caldelas.

Noraboa, amigo. Os anos que levas a traballar incansable comezan a da-los seus froitos…

P.S. (30 - XII - 2007): anoto na bitácora que xa saíu publicado o libro, co título Novas minorías nas institucións educativas (ISBN: 9788478245260).

Maio 30, 2007 - Emitido por César Salgado | Education, Galicia, Politics | | 1 comentario

1 comentario »

  1. Si, a verdade é que ese libro é unha obra de arte.
    Eu estudei Maxisterio pola rama de infantil e agora estou en terceiro de Pedagoxía e o noso profesor de Antropoloxía mandounos leer ese libro e facer unha breve recensión e a verdade é que é un dos poucos libros interesantes que me mandaron ler en tantos anos de carreira.

    Un saúdo.

    Comentario por cristina | Maio 1, 2008

Deixa un comentario