Hanacpachap cussicuinin
Xa falei neste blog de La Lyra Hispana. Pois hoxe traio aquí un vídeo seu, onde cantan a que pode ter sido a primeira peza polifónica impresa no “novo mundo”, “Hanacpachap cussicuinin” (intimida un pouco, o texto está en quechua). E cántana nun contexto moi apropiado, entrando en procesión no templo:
Podemos segui-la música coas partituras de “Hanacpachap cussicuinin” na CPDL.
Comenta Jeffrey Skidmore, nas notas do seu disco “Moon, sun and all things” que, sorprendentemente, é habitual que so se interpreten dúas estrofas das vinte que hai na fonte orixinal.
Para min non é en absoluto sorprendente. A carencia de edicións musicais, científicas ou prácticas, accesibles ó público, fai que fotocopiemos e reproduzamos sempre as mesmas partituras, cos seus límites e erratas.
Institucións públicas, arquivos eclesiásticos, compañías discográficas e editoras privadas teñen o coñecemento secuestrado, no nome dos direitos de autor (para gañar máis cartos) ou porque editar non é rendible (para non perder cartos).
Vaia, que estamos case como nos tempos en que Mozart tivo que copiar “de oído” o Miserere de Allegri… sobre esta cuestión, véxanse estas páxinas:
- http://en.wikipedia.org/wiki/Miserere_(Allegri)
- http://www.ancientgroove.co.uk/essays/theories.html
- http://www.classical.net/music/comp.lst/works/allegri/miserere.html
P.S. (6 - XI - 2007). Gracias a un amable comentario podo incluír aquí o “Hanacpachap cussicuinin” interpretado polo Brisbane Concert Choir:
1 comentario »
Deixa un comentario
About (presentación)
Nota: varios vídeos que incluín neste blog, entre eles gravacións históricas de ópera, xa non están en YouTube. Se a causa foi algunha denuncia, opino que é un abuso claro do copyright. Pero, por desgracia para os melómanos e para a difusión da cultura, YouTube é un negocio e son libres para quitalos do seu servizo haxa denuncias ou non…
Para saber máis sobre min, podes visita-la páxina persoal de César Salgado García (que son eu). Este blog empeceino a finais do 2006 para un grupo de alumnos (eran “cuarto B”, de aí o nome que tivo nun principio), pero o proxecto non callou e acabou sendo o meu blog persoal. Recomendo usa-lo navegador Mozilla Firefox. Se queres escribirme, este é o meu e-mail: cesarsalgado@yahoo.com. Este son eu no 1997:

E esta é unha petición para un dominio galego (se os cataláns o conseguiron, nós tamén podemos):

una canción muy impactante! la primera polifonía compuesta en el nuevo mundo (Perú, 1631), acá les dejo otra versión tambien muy hermosa http://www.youtube.com/watch?v=PWh15h7LLjs
Comentario por renzo | Novembro 6, 2007