“Edicións do Cumio presenta este venres 1 ás 19 horas Auditorio da Escola de Artes e Oficios de Vigo o libro Método de Gaita Galega I escrito polo mestre Xesteira e que inclúe un CD. Mestre de gaita e percusión na Universidade Popular de Vigo e membro fundador do grupo Treixadura Gaiteiros, o cambadés Xaquín Xesteira leva desde neno inserido no mundo da música tradicional. Ademais de tocar en varios concertos con Milladoiro na década dos noventa participou en gravacións cos grupos Na Lúa e Fuxan os ventos e tamén e´fundador da Fundación Sondeseu xunto a Anxo Pintos ou Rodrigo Romaní.”
A sonata para piano quasi una fantasia, número 14, en “dó sostenido menor”, de Ludwig van Beethoven (1770 - 1827), tamén coñecida como “opus 27, número 2″, e dedicada a Julie Guicciardi, foi alcumada posteriormente como Mondschein (nome que non lle puxo o seu autor).
Aquí está o terceiro movemento, presto agitato (os outros dous pódense encontrar no canal en YouTube de popololopopolo), tocado por un Wilhelm Kempff algo vello e que comete bastantes erros, pero segue a interpretar de marabilla. Chama a atención que case non mira para o teclado, debe de sentilo como se fose unha parte do seu corpo, por propiocepción.
En canto ós erros… como digo eu cando estou diante dun coro amateur, gozade da música que hai detrás do sonido…
Carezo de coñecementos teóricos e prácticos, quizá tamén de oído musical suficiente, para comprende-lo que nos di o doutor Bradley Lehman sobre a “auténtica afinación” de Johann Sebastian Bach, que parece ter descuberto, subxacente, nas páxinas de Das Wohltemperirte Clavier.
Segundo Lehman, con esa afinación, ou se queredes con ese temperamento, soa moito millor a música de Bach (e non so), e ademais vense claros os afectos expresados por cada tonalidade.
Xa hai varios prestixiosos músicos e varias gravacións comerciais que escolleron este sistema para afinar diversos instrumentos de tecla.
Empecei por consulta-lo artigo da Wikipedia sobre well temperament, pero de momento son moi ignorante sobre este asunto e decido “suspende-lo meu xuízo” ata que poida estudialo millor.
Polo de agora poño dous exemplos que el nos serve a través de YouTube, el mesmo tocando o cravo:
a) o canon modulante “infinitamente ascendente” da Musicalisches Opfer BWV 1079. Este canon aparece como o número 5 dos “Canones diversi super thema regium”;
b) a fuga en “fa sostenido menor” do BWV 859 (WTC, libro I).
For the reasons I have stated there, I believe that Bach probably preferred this specific system for much or all of his career, instead of equal temperament or the various unequal methods around him. This also solves classic problems in the music of his sons, as to harmonic flexibility and surprises within their styles.
In this tuning, every major scale and minor scale sounds different from every other, due to the subtle differences of size among the tones and semitones. This allows music to project a different mood or character in each melodic and harmonic context, with a pleasing range of expressive variety as it goes along. It builds drama into musical modulations.
The result sounds almost like equal temperament in its smoothness, and it similarly allows all keys to be used without problem, but it has much more personality and color. In scales and harmony it sounds plain and gentle around C major (most like regular 1/6 comma temperament), mellower and warmer in the flat keys such as A-flat major (most like equal temperament), and especially bright and exciting in the sharp keys around E major (like Pythagorean tuning, with pure 5ths). Everything is smoothly blended from these three competing systems, emerging with an emphasis on melodic suavity.
Xa é case costume que anote sobre La Lyra Hispana. ¿Por que o fago? Porque o material que comparten está ben interpretado, é de calidade e, ademais, foi escrito por compositores pouco coñecidos hoxe en día.
Gutierre Fernandez Hidalgo (ca. 1550 - ca. 1620), foi estudiado polo eminente musicólogo Robert Murrell Stevenson (profesor, entre outras, da UCLA).
Un novo informe de Human Rights Watch mostra como Francia, un deses países occidentais que pretenden presentarse cotidianamente como os maiores defensores dos Direitos Humanos, tamén comete abusos. Ás veces os Estados son condenados en instancias internacionais por tales abusos, pero seguen coas súas políticas no nome da seguridade…
“[...] Available government figures indicate that 71 individuals described as “Islamic fundamentalists” were forcibly removed from France between September 11, 2001, and September 2006. Fifteen of these were described by the government as imams. In at least one case the government stripped a man of his acquired French citizenship in order to return him to his country of birth. [...] The greatest danger is that in its haste to forcibly remove, France may send individuals back to countries where they risk being tortured or subjected to cruel, inhuman or degrading treatment, a serious violation of France’s obligations under international law. [...] The United Nations Committee Against Torture condemned France over the expulsion of an Algerian man, Mahfoud Brada, in 2002, for violating its absolute obligation not to return anyone to a country where they face torture or prohibited ill-treatment. Brada was expelled while his appeal was pending and despite the committee’s request for a stay on the expulsion. Notwithstanding the committee’s strong criticism and call on the French authorities to “strictly comply” with its requests in the future, France again ignored the committee’s request for a stay when it expelled a Tunisian man, Adel Tebourski, in mid-2006.”
Hoxe falo dunha das pezas corais máis difundidas de Anton Bruckner: Locus iste a Deo factus est. Eu canteina no Coro Universitario de Santiago de Compostela, a principios dos noventa, baixo a dirección dun musicazo, Xosé Carlos García Pardo. Sempre me sorprenderon os cambios de tonalidade e ese longo silencio pouco antes do final… o silencio, tan estraño na vida actual, ¡e imprescindible na música!
Nota: varios vídeos que incluín neste blog, entre eles gravacións históricas de ópera, xa non están en YouTube. Se a causa foi algunha denuncia, opino que é un abuso claro do copyright. Pero, por desgracia para os melómanos e para a difusión da cultura, YouTube é un negocio e son libres para quitalos do seu servizo haxa denuncias ou non…
Para saber máis sobre min, podes visita-la páxina persoal de César Salgado García (que son eu). Este blog empeceino a finais do 2006 para un grupo de alumnos (eran “cuarto B”, de aí o nome que tivo nun principio), pero o proxecto non callou e acabou sendo o meu blog persoal. Recomendo usa-lo navegador Mozilla Firefox. Se queres escribirme, este é o meu e-mail: cesarsalgado@yahoo.com. Este son eu no 1997:
E esta é unha petición para un dominio galego (se os cataláns o conseguiron, nós tamén podemos):