Blog de César Salgado

Xaquín Xesteira: Método de Gaita Galega I

Sempre é boa nova a publicación dun libro para a aprendizaxe da gaita galega. Copio e pego da nova aparecida hai unha semana en culturagalega.org:

Edicións do Cumio presenta este venres 1 ás 19 horas Auditorio da Escola de Artes e Oficios de Vigo o libro Método de Gaita Galega I escrito polo mestre Xesteira e que inclúe un CD. Mestre de gaita e percusión na Universidade Popular de Vigo e membro fundador do grupo Treixadura Gaiteiros, o cambadés Xaquín Xesteira leva desde neno inserido no mundo da música tradicional. Ademais de tocar en varios concertos con Milladoiro na década dos noventa participou en gravacións cos grupos Na Lúa e Fuxan os ventos e tamén e´fundador da Fundación Sondeseu xunto a Anxo Pintos ou Rodrigo Romaní.”

Xuño 6, 2007 - Emitido por César Salgado | Education, Galicia, Music, Wind music | | Non hai comentarios

Non hai comentarios »

Aínda non hai comentarios.

Deixa un comentario