Blog de César Salgado

7 Xuño 2007

Women in Art: 500 Years of Female Portraits in Western Art

Gardado en: Education, Johann Sebastian Bach, Music, String music, Violoncello, Visual arts — César Salgado @ 18:14

“Women in Art: 500 Years of Female Portraits in Western Art”, ese é o título dun vídeo que un tal eggman913 (Philip Scott Johnson na vida real) puxo en YouTube o 22 de abril. En menos de dous meses o vídeo foi “visionado” dous millóns de veces. Eu descubrino gracias ó blog Brétemas, de Manuel Bragado Rodríguez. Para min vai rápido de máis pero é toda unha lección de arte…

A música de fondo é a Sarabande da suite para violoncello so número 1 en “sol maior” (BWV 1007), tocada por Yo-Yo Ma. Pode seguirse a peza coas partituras de J. S. Bach no IMSLP.

P.S. Acabo de encontrar (27 – VI – 2007) unha lista das obras e autores representados no vídeo, con enlaces a páxinas onde ver imaxes das obras orixinais (mesmo hai un arquivo de texto onde veñen máis datos…): Original Art used in “500 Years of Women in Western Art”. Thank you very much!

Renovando himno con Les Luthiers

Gardado en: Humour, Les Luthiers, Music — César Salgado @ 09:02

Agora que no “reino” de España se oen voces de políticos que propoñen un cambio no himno “nacional”, unha marcha militar, para poñerlle letra, Ignacio Escolar recórdanos esta marabilla de Les Luthiers chamada “La comisión (himnovaciones)” (esta é a primeira parte, o resto está no canal en YouTube de Trevignov):

Bach: fuga para violín transcrita para guitarra

Gardado en: Johann Sebastian Bach, Music, String music — César Salgado @ 08:36

Se o propio Johann Sebastian Bach transcribiu os concertos de Vivaldi cambiándoos de instrumento, non vexo nada pecaminoso en face-lo mesmo coa súa música.

Aquí Julian Bream toca, transcrita para guitarra, a fuga da sonata para violín so BWV 1001 (ver partituras de J. S. Bach no IMSLP):

Adiviñanceiro popular galego (Gárfer, Fernández)

Gardado en: Education, Galicia, Language, Literature — César Salgado @ 06:00

Recentemente apareceu nas librerías o Adiviñanceiro popular galego de José Luis Gárfer e Concha Fernández (Xerais, 2007).

Hai unhas dúas mil adiviñas, e moitas poden usarse cos nenos na escola e de aí o meu interese. Un exemplo (solución: a guitarra ou violão; ás veces confúndense galego e portugués nesta obra):

Unha dama moi galante
nos brazos do seu amante
cun buraco na barriga
e as tripas por adiante.

Outro exemplo (solución: a filla e a muller son a mesma):

O médico e maila filla,
o estudiante e a muller
mercaron nove galiñas
e tocáronlles a tres.

Bloguea en WordPress.com.