Blog de César Salgado

Tempo giusto

Falaba na entrada anterior da Johannes-Passion BWV 245, e mencionei de pasada as versións de John Eliot Gardiner (Archiv Produktion, 1986) e de Karl Richter (Archiv Produktion, 1964).

Moitas veces comparei o primeiro coral, “O grosse Lieb, o Lieb ohn’ alle Masse”, nestas dúas versións. Na de Gardiner dura 0:48, e na de Richter 1:18. Para min as dúas son obras mestras de interpretación.

¿Por que recordo isto agora? Porque vexo críticas moi duras nos comentarios ós vídeos de YouTube, formuladas coa soa base do tempo co que se interpreta unha peza.

O asunto dá para moito máis, empezando polo feito de que na época de Johann Sebastian Bach non había metrónomo. E cando se inventou os problemas multiplicáronse: outro día hei de falar dos resultados que deron as metronomizacións feitas ás obras de Beethoven por contemporáneos seus…

Xuño 10, 2007 - Emitido por César Salgado | Beethoven, Education, History, Johann Sebastian Bach, Music, Vocal music | | Non hai comentarios

Non hai comentarios »

Aínda non hai comentarios.

Deixa un comentario