Silvia Ribeiro, investigadora do Grupo ETC, reflexiona neste artigo sobre unha cuestión de grande importancia que non soe saír nos medios de comunicación de masas: as empresas de biotecnoloxía están a solicitar patentes sobre o xenoma de organismos vivos.
Isto pode ter repercusións terribles en áreas como as industrias agrícola, médica e farmacéutica. Por culpa das patentes, e da “propiedade intelectual” mal entendida, xa desaparecen cultivos autóctonos, xa morre xente por falta de medicamentos, etcétera…
Si, xa sei que todo o mundo lles chama Variacións Goldberg, pero publicáronse como parte IV do Clavier-Übung, e se as buscas por BWV 988 tamén che han aparecer. Disque se chaman “Variacións Goldberg” a partir da biografía de J. S. Bach escrita por Johann Nikolaus Forkel (1749 – 1818).
A miña versión preferida é a de Ralph Kirkpatrick (Deutsche Grammophon, 1959). Se esta non existise, a miña preferida sería a de Pierre Hantaï (Opus 111, 1992). Por suposto estou a falar de interpretacións que usan o cravo como instrumento. Detesto case tódalas versións que oín no piano, en especial as dúas de Glenn Gould. Igualmente me repugnan as gravacións de Bach que puiden escoitar executadas por Daniel Barenboim.
O que poño a continuación é un vídeo onde Pierre Hantaï toca a aria que dá lugar ás variacións, principio e final da obra. Non é o Hantaï que eu coñecía, de feito, non entendo por que fai a metade das cousas como as fai, pero é a medicina de hoxe e, se queredes outra, hai farmacias de garda:
P.S. Xa non recordaba que tiña nos meus preferidos de YouTube unha versión desta mesma aria, tocada nun clavicordio por alguén que se fai chamar musurgia:
Hoxe traio aquí mensaxes de dous autores moi queridos para min. Son contos para xóvenes, de calquera idade, con gana de actuar (que non sempre é o mesmo que moverse) para cambia-lo mundo.
Un dos autores vén do comunismo, Gianni Rodari (1920 - 1980). O outro vén do catolicismo, Anthony de Mello (1931 - 1987).
A principal diferencia entre os dous é o carácter laico de Gianni Rodari fronte á constante relixiosidade de Anthony de Mello. Pero ámbolos dous foron críticos cos seus respectivos “ismos” e moi criticados polos sectores “integristas”, porque sempre foron espíritos libres e verdadeiros, contrarios a calquera dogmatismo.
“Storia Universale”, da Favole al telefono (Giulio Einaudi, Torino, 1962)
In principio la terra era tutta sbagliata,
renderla più abitabile fu una bella faticata.
Per passare i fiumi non c’erano i ponti.
Non c’erano sentieri per salire sui monti.
Ti volevi sedere? Neanche l’ombra di un panchetto.
Cascavi dal sonno? Non esisteva il letto.
Per non pungersi i piedi, né scarpe né stivali.
Se ci vedevi poco non trovavi gli occhiali.
Per fare una partita non c’erano palloni;
mancava la pentola e il fuoco per cuocere i maccheroni,
anzi a guardar bene mancava anche la pasta.
Non c’era nulla di niente. Zero via zero, e basta.
C’erano solo gli uomini con due braccia per lavorare,
e agli errori più grossi si poté rimediare.
Da correggere però ne restano ancora tanti:
rimboccatevi le mani, c’è lavoro per tutti quanti.
“Motion” from The Song of the Bird
To the disciples, who were always asking for words of wisdom, the Master said, “Wisdom is not expressed in words. It reveals itself in action”.
But when he saw them plunge headlong into activity, he laughed aloud and said, “That isn’t action. That’s motion”.
Hoxe vou citar outra vez ó blog Brétemas (de Manuel Bragado Rodríguez). Quen di citar di plaxiar, versionar, glosar, ou facer intertextualidade (depende de se tes á SGAE diante ou detrás). Trátase dunha presentación en dezasete diapositivas que nos fará rir, pero sobre todo pensar se seguimos no medio da escaleira sen subir nin baixar…
Falo de Only in Galicia. Graciñas por compartires isto connosco.
Nota: varios vídeos que incluín neste blog, entre eles gravacións históricas de ópera, xa non están en YouTube. Se a causa foi algunha denuncia, opino que é un abuso claro do copyright. Pero, por desgracia para os melómanos e para a difusión da cultura, YouTube é un negocio e son libres para quitalos do seu servizo haxa denuncias ou non…
Para saber máis sobre min, podes visita-la páxina persoal de César Salgado García (que son eu). Este blog empeceino a finais do 2006 para un grupo de alumnos (eran “cuarto B”, de aí o nome que tivo nun principio), pero o proxecto non callou e acabou sendo o meu blog persoal. Recomendo usa-lo navegador Mozilla Firefox. Se queres escribirme, este é o meu e-mail: cesarsalgado@yahoo.com. Este son eu no 1997:
E esta é unha petición para un dominio galego (se os cataláns o conseguiron, nós tamén podemos):