As “variacións Goldberg” BWV 988, por un trío de cordas
Pois si, as “variacións Goldberg” BWV 988, tocadas por un trío de cordas. Dmitry Sitkovetsky transcribiu a obra e toca o violín; acompáñano Gérard Caussé (viola) e Mischa Maisky (violonchelo). Está en varios vídeos (eu poño so o primeiro), gracias ó canal en YouTube de jsbachendel:
Partituras da Bach-Gesellschaft Ausgabe no IMSLP.
P.S. (2 - VII - 2007): Retiraron de YouTube este vídeo (e todo o canal de jsbachendel). Quizá alguén que quere cobrar polas copias dos vídeos pediu a retirada de xeito pouco amistoso… Se é así, os denunciantes son cegos, porque, como me sucedeu a min con moitos vídeos de YouTube, velos aquí animoume a compralos. En calquera caso é unha lástima, porque esta brillante interpretación axuda a descubrir valores artísticos da obra de Bach que un amateur non percibe na versión orixinal de teclado.
P.S. (26 - XII - 2007): encontrei, no canal en YouTube de MBCLS350 doce vídeos con outra interpretación do arranxo de Sitkovetsky.
Os que tocan son Julian Rachlin (violín), Nobuko Imai (viola) e Mischa Maisky (cello), durante o “Julian Rachlin & Friends” Festival (Dubrovnik, Croacia, 2006). Algúns cortes dos vídeos van en sitios un pouco raros, e a toma de sonido non é boa, pero merece a pena escoitalos… e velos. Aquí vai o primeiro:
Enlaces cos doce vídeos:
- 1/12: http://www.youtube.com/watch?v=x7ZMDeIazE8
- 2/12: http://www.youtube.com/watch?v=pkQP2fUnJ0k
- 3/12: http://www.youtube.com/watch?v=VroyBGC9aNs
- 4/12: http://www.youtube.com/watch?v=2U82dxGs6zQ
- 5/12: http://www.youtube.com/watch?v=3kEXiLlRNrA
- 6/12: http://www.youtube.com/watch?v=HmT70J81B8w
- 7/12: http://www.youtube.com/watch?v=HMVu9vY3b4U
- 8/12: http://www.youtube.com/watch?v=Kgd0X2geGJQ
- 9/12: http://www.youtube.com/watch?v=3PGyW_5Z8D8
- 10/12: http://www.youtube.com/watch?v=DecV3u-KGVM
- 11/12: http://www.youtube.com/watch?v=w-Or6LCFISU
- 12/12: http://www.youtube.com/watch?v=EhoL74BWvKs

