Christopher Simpson: The Division-Violist
Hoxe vin un novo vídeo de Ernst Stolz, tocando na viola da gamba música do compositor inglés (ata hoxe descoñecido para min) Christopher Simpson (ca. 1605 -1669).
Son as “Divisions number 4 on a ground in d minor”, que non sei se están na obra The Division-Violist (London, 1659), na segunda edición da mesma, The Division-Viol, or The Art of Playing ex tempore to a Ground (1665), ou nas dúas edicións.
Da segunda edición (The Division-Viol, or The Art…), pode verse a primeira parte (Of the Viol it self, with Instructions how to Play upon it) na páxina de Dirk Moelants. Tamén é útil a páxina da Federation of Viola da Gamba Societies.
P.S. (2 – VII – 2007): o vídeo caseiro foi retirado, pero a cambio témo-la mesma peza nunha magnífica versión de concerto, onde Ernst Stolz é acompañado por Karel Smagge ó cravo:
Aínda non hai comentarios.


