Mozart: Requiem (Agnus Dei e Lux aeterna)
Xa falei aquí do “Requiem de Mozart” (KV 626) e tamén de como se terminou e que mans o fixeron. Hoxe traio aquí os dous últimos números, “Agnus Dei” e “Lux aeterna” (Communio) en versión dun coro local dunha vila canadiana, o Bow Valley Chorus, dirixido por John Goulart:
Podemos segui-la música coas partituras da Neue Mozart-Ausgabe (Digital Mozart Edition). Ou tamén usa-los dous vídeos con partitura que comparte connosco a incansable margotlorena (recordade que desta partitura hai varias versións distintas):
Un co “Agnus Dei” (dirixido por Neville Marriner):
E outro co “Lux aeterna” ou Communio (dirixido por Georg Solti):
1 comentario »
Deixa un comentario
About (presentación)
Nota: varios vídeos que incluín neste blog, entre eles gravacións históricas de ópera, xa non están en YouTube. Se a causa foi algunha denuncia, opino que é un abuso claro do copyright. Pero, por desgracia para os melómanos e para a difusión da cultura, YouTube é un negocio e son libres para quitalos do seu servizo haxa denuncias ou non…
Para saber máis sobre min, podes visita-la páxina persoal de César Salgado García (que son eu). Este blog empeceino a finais do 2006 para un grupo de alumnos (eran “cuarto B”, de aí o nome que tivo nun principio), pero o proxecto non callou e acabou sendo o meu blog persoal. Recomendo usa-lo navegador Mozilla Firefox. Se queres escribirme, este é o meu e-mail: cesarsalgado@yahoo.com. Este son eu no 1997:

E esta é unha petición para un dominio galego (se os cataláns o conseguiron, nós tamén podemos):

esta obra es demasiado buena y justo busco las partituras para lograr sacarla en piano…
Nada más que decir…me encanta encontrar algo de verdadera música…
felicito al creador de este espacio…
Comentario por JACKE | Agosto 29, 2007