Blog de César Salgado

Carl Friedrich Abel: Sonata in D major for viola da gamba and basso continuo

P.S. (18 – I – 2008). Ernst Stolz retirou este vídeo do seu canal.

Naquel vídeo, Ernst Stolz tocaba a viola da gamba e Karel Smagge tocaba o cravo nun concerto. Interpretaban unha sonata en “re maior” para viola da gamba e continuo de Carl Friedrich Abel (1723 – 1787).

Carl Friedrich Abel estableceuse en Londres no 1759, e alí organizou, xunto con Johann Christian Bach, os primeiros subscription concerts que houbo na Inglaterra. Como anécdota, podemos sinalar que unha sinfonía de C. F. Abel foi catalogada erroneamente como obra de Mozart, publicándose como sinfonía número 3, KV 18.

Xullo 8, 2007 - Publicado por César Salgado | Carl Friedrich Abel, Harpsichord, Johann Christian Bach, Keyboard music, Mozart, Music, String music, Viola da gamba | | Aínda non hai comentarios

Aínda non hai comentarios.

Deixa un comentario