Joseph McCarthy versus Ibérico Saint-Jean
Sigo a ler (son lento, xa o sei) ese libro que pretende presenta-la Historia dos Estados Unidos desde a perspectiva dos indios, dos negros, dos traballadores… (ver referencia ó final desta anotación).
Hoxe leo sobre a epidemia de anticomunismo que percorreu o país na “guerra fría”, e sobre a figura do senador Joseph McCarthy (ver tamén o artigo da Wikipedia McCarthyism), que chegou a atacar a algúns xenerais por non seren duros abondo na súa loita contra os presuntos comunistas.
Isto recordoume aquel terrible discurso do 1977 (en plena dictadura militar), pronunciado polo xeneral Ibérico Saint-Jean, daquela gobernador da provincia de Buenos Aires, e que eu recollo do artigo de José Pablo Feinmann Amenazas (Página/12, 20 - III - 2006):
Primero mataremos a todos los subversivos, luego mataremos a sus colaboradores, después (…) a sus simpatizantes, enseguida (…) a aquellos que permanezcan indiferentes y finalmente mataremos a los tímidos.
Howard Zinn: La otra Historia de los Estados Unidos. Hiru Argitaletxea, Hondarribia, 1997. ISBN 9788489753914.
Título orixinal: A People’s History of the United States: 1492 to present.
Non hai comentarios »
Aínda non hai comentarios.
Deixa un comentario
About (presentación)
Nota: varios vídeos que incluín neste blog, entre eles gravacións históricas de ópera, xa non están en YouTube. Se a causa foi algunha denuncia, opino que é un abuso claro do copyright. Pero, por desgracia para os melómanos e para a difusión da cultura, YouTube é un negocio e son libres para quitalos do seu servizo haxa denuncias ou non…
Para saber máis sobre min, podes visita-la páxina persoal de César Salgado García (que son eu). Este blog empeceino a finais do 2006 para un grupo de alumnos (eran “cuarto B”, de aí o nome que tivo nun principio), pero o proxecto non callou e acabou sendo o meu blog persoal. Recomendo usa-lo navegador Mozilla Firefox. Se queres escribirme, este é o meu e-mail: cesarsalgado@yahoo.com. Este son eu no 1997:

E esta é unha petición para un dominio galego (se os cataláns o conseguiron, nós tamén podemos):
