Blog de César Salgado

Giulio Caccini: “Dolcissimo sospiro”

Xa falei de Dirk Moelants na anotación que titulei Christopher Simpson: The Division-Violist.

Pois hoxe escoitei un vídeo do canal en YouTube de Dirk Moelants, onde el acompaña a unha soprano coa viola da gamba. A soprano chámase Chia-Fen Wu e impresionoume moi favorablemente, sobre todo tendo en conta que a gravación é dun concerto.

Disque a canción, “Dolcissimo sospiro”, pertence ó libro Le nuove musiche (Firenze, 1601), escrito polo grandísimo compositor Giulio Caccini (1551 – 1618).

Giulio Caccini foi membro da Camerata Fiorentina e un dos creadores da ópera e do estilo, característico do Barroco, de monodia acompañada por un baixo continuo.

Xullo 11, 2007 - Publicado por César Salgado | Giulio Caccini, Music, String music, Viola da gamba, Vocal music | | 2 Comentarios

2 Comentarios »

  1. Cesar, adoro ouvir e cantar arias antigas. Voce tem a partitura de Dolcissimo sospiro?
    Chamo-me Alessandra, moro no Brasil.
    Obrigada
    Alessandra

    Comment por Alessandra | Xaneiro 18, 2008 | Comentario

  2. Síntoo, pero non. Quizá teñas sorte escribindo a Dirk Moelants un e-mail:

    http://www.ipem.ugent.be/staff/dirk/

    Comment por César Salgado | Xaneiro 18, 2008 | Comentario


Deixa un comentario