Pau Casals playing Cello Suite No. 1 in G major (BWV 1007)
Pau Casals (1876 – 1973) foi un músico catalán e universal, grande director e sobre todo intérprete de violoncello. Tamén foi coñecido como Pablo Casals na súa exitosa carreira de concertos e gravacións no estranxeiro. É destacable tamén o seu compromiso político, que o levou, entre outras cousas, a exiliarse trala guerra civil.
Hoxe traio aquí dous vídeos onde Pau Casals toca a primeira das Suites para violoncello so de J. S. Bach (en “sol maior”, BWV 1007). É unha gravación en branco e negro realizada por Robert Snyder en agosto do 1954, nunha abadía perto de Prada de Conflent.
No primeiro vídeo están o Prélude, a Allemande e a Courante:
No segundo vídeo están a Sarabande, os Menuets I e II, e a Gigue:
Pódense segui-las notas gracias a que a Bach-Gesellschaft Ausgabe é do dominio público: partituras de J. S. Bach no IMSLP.
Aínda non hai comentarios.


