Blog de César Salgado

20 Xullo 2007

Xa está “na rúa” o Mozilla Thunderbird 2.0.0.5

Gardado en: Software — César Salgado @ 20:43

Os traballos dos programadores non rematan xamais, sobre todo neste mundo do software libre e gratuíto. Sempre aparecen novos bugs e hai que poñerlles patches e facer tests para conseguir novas versións dos programas… per aspera ad astra.

Mozilla Thunderbird 2.0.0.5 é un cliente de correo coa garantía da comunidade de programadores de Mozilla, escollan sistema operativo e lingua.

Para os que queiran todo xunto, navegador e xestor de correo (non exactamente pero algo así como Firefox e Thunderbird nun so programa), está o proxecto SeaMonkey, que xa vai pola versión 1.1.3, tamén coa garantía Mozilla.


Aínda non hai comentarios »

Aínda non hai comentarios.

RSS feed for comments on this post.

Deixar un comentario

Bloguea en WordPress.com.