Blog de César Salgado

Henry Purcell: prelude on “voice flute” (tenor recorder in D)

Hoxe traio aquí este preludio do meu querido Henry Purcell (1659 – 1695), que nos serve o canal en YouTube de recorderdevoix, e fágoo como excusa para falar dos distintos tipos de flautas de bico que existen, e da súa nomenclatura, que ás veces leva a confusión.

Di este intérprete que usa unha “voice flute”. Esta parece ser unha denominación bastante extendida para unha flauta “tenor”, pero en “re” en lugar do habitual, que é en “do”. A isto debemos engadir que o sonido real dunha flauta de bico é unha oitava máis agudo do que o seu nome suxire. Ademais, non sempre as flautas de bico están afinadas co “la” a 440 Hz, algunhas levan o “la” a 415 Hz ou a 392 Hz…

Enlazo dous artigos que pretenden describir e aclarar un pouco esta grande variedade, e logo o prometido preludio de Purcell:

Xullo 28, 2007 - Publicado por César Salgado | Henry Purcell, Music, Recorder, Wind music | | Aínda non hai comentarios

Aínda non hai comentarios.

Deixa un comentario