Blog de César Salgado

Lebanon: a year after the war and oil spill (Greenpeace video)

Gracias ó canal en YouTube de Greenpeace podemos ver, desde hai uns días, un vídeo (en inglés) sobre a situación do medio mariño no Líbano, un ano despois da guerra e da terrible “marea negra” (consecuencia dos bombardeos perpetrados polo exército de Israel).

O documental da organización ecoloxista Greenpeace describe os perniciosos efectos desa “marea negra”. Pero sinala tamén outras ameazas graves ó ecosistema, como a pesca con explosivos ou como os vertidos directos ó mar de sumidoiros e de residuos domésticos e industriais.

Ademais do vídeo, titulado “The Sea of Lebanon”, está disponible un informe (PDF, 761 KB) titulado “The Mediterranean: From crimes to conservation. A call for protection” e que pode baixarse desde http://www.greenpeace.org/lebanon/en/lebanon-oil-spill.

Xullo 29, 2007 Posted by César Salgado | Greenpeace, Human Rights, Israel, Lebanon, Politics | | Non hai comentarios