Boismortier: Trio sonata played on recorder
Xa falei a semana pasada de Joseph Bodin de Boismortier (1689 – 1755), quen, segundo parece, producía moitísima música (foi un dos primeiros compositores na Historia en ser autónomo e non depender dun patrón).
Para poder facer negocio coa composición, tiña que compoñer moitas obras en pouco tempo, e ademais a música composta tiña forzosamente que venderse, e isto impoñía restriccións á fantasía, as da moda, as do gusto do público (o pobo ou máis ben a burguesía). Aínda así, creo que é un dos moitos compositores inxustamente olvidados…
Hoxe traio aquí unha curiosidade que encontrei no canal en YouTube de Koriyama: unha sonata en trío para flauta transversal de Boismortier, onde unha mesma persoa toca as tres partes, cunha flauta de bico. Supoño que por causa da extensión do instrumento, fixo transposición do “re maior” orixinal ó “fa maior”.
O propio Koriyama explica así a montaxe que fixo dos vídeos, case como nun estudio de gravación:
1st: I create a click track to keep the timing. Then I multitrack each part (a few times to get it just right). This is used as the sound track. Finally, I play back the multitracked piece and ‘lip-synch’. This creates the visuals. The whole thing goes into Premiere and synchronized.
Non é a maneira máis “musical” que hai de interpretar, pero aquí xa puxemos experimentos parecidos de Ernst Stolz…
A música de hoxe é a Sonate en trio número 1 do opus VII. Pódese encontrar unha partitura, xunto con outras do mesmo autor na páxina de obras de Boismortier no Werner Icking Music Archive. Con todo, pronto notaredes que o intérprete do vídeo manexa outra edición…
No primeiro vídeo toca o Gravement:
No segundo vídeo toca o resto, isto é, a Allemande, o Lentement, a Gavotte en rondeau e o Gayment:
Aínda non hai comentarios.


