Blog de César Salgado

Quantz: Trio Sonata in C major

Xa falei hai unha semana do grande xenio da flauta Johann Joachim Quantz (1697 - 1773), quen ademais de ser un dos millores intérpretes do seu tempo, foi compositor, escribiu un importante tratado teórico, e mesmo innovou na construcción de flautas, engadíndolles chaves.

Pois hoxe encontrei no canal en YouTube de mistymango un recital de alumnos cunha “Trio Sonata in C major” de Quantz.

En canto ós intérpretes, Nollaig Kennedy toca a flauta transversal, Anja Bakker toca a flauta de bico, Catherine Dillon toca o cravo e Amy Ryan toca o violoncello.

No primeiro vídeo están os dous primeiros movementos: Affettuoso e Alla breve:

No segundo vídeo están os dous últimos movementos, Larghetto e Vivace:

Agosto 1, 2007 - Emitido por César Salgado | Harpsichord, Music, Quantz, Recorder, Violoncello, Wind music | | Non hai comentarios

Non hai comentarios »

Aínda non hai comentarios.

Deixa un comentario