O que segue é unha secuencia de imaxes (en inglés, slideshow) feita por marianmus, quen, se non me equivoco, é Marian Domínguez, profesora de Música nun instituto de Albacete e autora dos interesantes blogs “En el tintero: música, educación y otros asuntos que no caben en mis clases” e “Nos vemos en el blog”.
Son, segundo a súa descrición, imaxes de instrumentos de corda pulsada renacentistas. A música de fondo é unha interesante interpretación (creo que non escoitara nunca ese cambio de tempo) das Cuatro diferencias sobre “Guardame las vacas”.
Estas catro diferencias son unha das obras máis coñecidas (e unha das miñas preferidas) de Luys de Narvaez. Foron publicadas en Los seys libros del Delphin de musica de cifras para tañer vihuela (Valladolid, 1538). Non eran partituras como as que hoxe coñecemos, senón tablaturas. Algúns arranxos destas marabillosas obras pódense encontrar na páxina sobre Luys de Narvaez no Werner Icking Music Archive.
Thank you very much for sharing culture!
P. S. (3 – VIII – 2007): xa olvidaba que hai dous meses puxen neste blog unha interpretación desta música a cargo de Valéry Sauvage. Foi na anotación Narvaez: Cuatro diferencias sobre “Guardame las vacas”.
P. S. (23 – VIII – 2007): despois de repasa-lo blog de Marian Domínguez “Nos vemos en el blog” é xusto engadir que, na presentación, as imaxes proceden da páxina dos luthiers Stephen Barber e Sandi Harris e do catálogo do Museu de Instrumentos Musicais de Viena. O intérprete da música é Jorge Fresno á vihuela.


Gracias por la reseña, César. No conocía tu trabajo y me parece muy interesante. Te enlazo en mi blog (el de wordpress es una especie de copia de seguridad) y seguimos en contacto.
Comentario�Comentarios por Marian Domínguez — 17 Agosto 2007 @ 10:48