Blog de César Salgado

3 Agosto 2007

Giulio Caccini: “Amarilli, mia bella” por Jacek Laszczkowski

Gardado en: Giulio Caccini, Music, Vocal music — César Salgado @ 16:09

Jacek Laszczkowski é un caso raro dentro dos cantantes. Ten gravacións nas que cantou como tenor, pero agora ten tamén gravacións nas que canta como soprano. Falan algo del en The Male Soprano Page, páxina feita por Andreas Kopp.

Non é, pois, un contratenor corrente (categoría que xa escapa á habitual clasificación de voces na ópera, a Fach), senón un sopranista.

No vídeo que pode verse no seguinte enlace, Jacek Laszczkowski canta “Amarilli, mia bella”.

Esta non é a millor interpretación posible (entre outras cousas usan un piano para acompañar á voz), pero serve para coñece-la voz do sopranista e para (escoitando a música que hai detrás do sonido) coñecer esta obra do grandísimo compositor Giulio Caccini (1551 – 1618), de quen xa falei na anotación Giulio Caccini: “Dolcissimo sospiro”.

Aínda non hai comentarios »

Aínda non hai comentarios.

RSS feed for comments on this post.

Deixar un comentario

Bloguea en WordPress.com.