Blog de César Salgado

Tchaikovsky: use of celesta in “The Nutcracker” ballet

I have always loved the sound of this rare instrument, the celesta. And it seems as if it had been invented for such a rare genius as Tchaikovsky, and for such a rare genre as ballet.

Let us watch and listen to these two videos with excerpts of The Nutcracker, number 14. What I want to remark is the “Dance of the Sugar-Plum Fairy”, where she dances with the soft, beautiful sound of a celesta…

We may read the notes using the public domain editions here: scores by Tchaikovsky at the IMSLP (International Music Score Library Project).

The first video is available from the abschied222 YouTube channel and features a performance by the Bolshoi Ballet with leading roles by Yekaterina Maximova, Vladimir Vasiliev, Nadia Pavlova and Vyacheslav Gordeyev:

The second video is available from the balletvideos YouTube channel and features a performance by the Royal Ballet with leading roles by Anthony Dowell, Alina Cojocaru, Ivan Putrov, Miyako Yoshida, and Jonathan Cope:

P. S. (25 - IX - 2007): encontrei, no canal en YouTube de RyanGolddRedux, unha breve presentación da celesta (so audio, e en inglés):

Agosto 4, 2007 Posted by César Salgado | Ballet, Dance, Keyboard music, Music, Tchaikovsky | | Non hai comentarios

Beethoven: Symphony No.7, Op.92, mov. 2 (Carlos Kleiber)

Na miña anotación anterior, falando do “Va, pensiero, sull’ali dorate”, dicía que hai un equívoco moi extendido e moi pernicioso segundo o cal a música interpretada “lentamente” ou a música “con poucas notas” é “fácil”. Por establecer un paralelismo, no teatro hai quen desprestixia a comedia, como se fose fácil interpretala e facer rir de forma intelixente ó público.

Vou poñer un exemplo que so de recordalo me pon os pelos de punta, porque é emoción pura: o segundo movemento da sétima sinfonía de Beethoven. É evidente que ten poucas notas, pero so uns poucos mestres poden interpretar esta música para que diga o que ten que dicir.

A seguinte interpretación compártea connosco o canal en YouTube de xedos1. Podemos segui-las notas coas partituras de Beethoven no IMSLP.

A dirección é de Carlos Kleiber:

P.S. (30 - I - 2008). Hai outra interpretación dirixida por Carlos Kleiber (esta da quinta sinfonía) no canal en YouTube de chviczai. Gracias a José Ramón Tapia Merino, por indicarme o camiño no seu blog “Audición y apreciación musical”.

Thank you all for sharing culture!

Agosto 4, 2007 Posted by César Salgado | Beethoven, Music | | Non hai comentarios

“Va, pensiero, sull’ali dorate” da Nabucco (1842)

Xa falei da profesora Marian Domínguez hai uns días, na anotación Slideshow with Renaissance musical instruments.

Pois hoxe vou poñer un dos vídeos que comparte con nós no canal en YouTube de marianmus, onde a orquestra e o coro do Teatro Nacional da Ópera de París (dirixidos por Nello Santi) interpretan un dos números corais máis coñecidos do meu querido Verdi: o “Va, pensiero, sull’ali dorate”. Pertence ó seu primeiro grande éxito no xénero, á ópera Nabucco, de 1842.

E ós que pensen que é “música fácil” porque ven poucas notas no papel direilles iso mesmo que lles digo ós que pensan que é “máis fácil” cantar lento que rápido: que están totalmente equivocados, é precisamente ó revés.

De entre os miles de anécdotas que se contan sobre músicos está a dun xoven violinista español que intentaba ingresar como alumno de certo grande mestre (creo que en París, non recordo os nomes tampouco). Levaba un repertorio con obras de virtuosismo para demostra-las súas habilidades e, en consecuencia, ser admitido. Cando rematou a execución, o mestre pediulle que fixese unha escala en redondas. O mozo non comprendeu por que lle pedían aquilo e marchou contrariado. A anécdota remata cun período de reflexión, seguido dun segundo intento, ó ano seguinte, no que foi admitido. Máis tarde comezaría unha brillante carreira como intérprete solista…

Agosto 4, 2007 Posted by César Salgado | Music, Opera, Verdi, Vocal music | | Non hai comentarios

Aínda temos que sufrir coas secuelas da “guerra civil”

Aínda temos que sufrir coas secuelas da “guerra civil”, esa que comezou co golpe de Estado do 1936 e que nos deixou cifras e historias arrepiantes de mortos e feridos en combate, de “crimes de guerra”, de “paseados” ou “executados extraxudicialmente” como dirían hoxe, de represaliados, de exiliados, de destrucción social, económica e cultural, de fame… e unha dictadura (a liderada por Francisco Franco) que rematou formalmente na “transición” (trala morte do dictador) pero aínda mantén algúns dos seus alicerces intactos. Isto vén a conto por dúas noticias que lin no blog “Betanzos Libertario”.

A primeira fala do xuízo que ten que enfrontar en outubro o historiador Dionisio Pereira, porque o denunciou a familia dun home que el cita con nome e apelidos nun libro (A II República e a represión franquista no concello de Cerdedo). Ese home parece que non foi un cidadán calquera, senón que foi xefe falanxista e alcalde de Cerdedo nos anos 40 e 50, e chamábase Manuel Gutiérrez Torres.

Máis información sobre este asunto:

A segunda noticia é Exhumación de combatentes do Batallón “Galicia” no porto do Acebo (Betanzos Libertario, 2 - VIII - 2007).

Fala de que van desenterra-los restos dunha fosa común no concello asturiano de Grandas de Salime (limítrofe cos concellos galegos da Fonsagrada e Negueira de Muñiz)…

Agosto 4, 2007 Posted by César Salgado | Galicia, History, Human Rights, Politics, Spain | | Non hai comentarios