Blog de César Salgado

Palestrina: Kyrie da Missa “Assumpta est Maria”

Gracias ó canal en YouTube de chipicientax podemos ver e escoitar, en varios vídeos, unha actuación do coro Ars Mvsica xunto coa Schola Gregoriana de Murcia, dirixidos por Emilio Cano Molina.

Interpretan o motete “Assumpta est Maria” de Palestrina, e tamén a misa parodia que compuxo sobre el. É unha lástima que algúns dos vídeos non estean completos. Haberá que facer unha subscripción para pagarlles unha cámara millor e un camarógrafo que a sosteña… :-)

O motete non o encontrei, pero hai unha transcripción da Missa “Assumpta est Maria” na CPDL (Choral Public Domain Library), feita por Pothárn Imre (ollo, en húngaro o apelido vai antes que o nome, por exemplo eles din Kodály Zoltán ou Bartók Béla).

Aí vai o Kyrie para abri-lo apetito:

Thank you all for sharing your works and performances, and for spreading culture!

Agosto 11, 2007 Posted by César Salgado | Music, Palestrina, Vocal music | | Non hai comentarios

Help studying canons and fugues by Bach, including WTC (books I and II)

Gracias a un blog titulado Pabellón nº 6, en concreto á entrada El arte de la fuga (8 - VIII - 2007), descubro unha marabillosa páxina feita por Tim Smith e David Korevaar (Northern Arizona University; University of Colorado): The Canons and Fugues of J. S. Bach.

Hai unha sección que lle dirá algo especial a calquera estudiante de teclado, é a dedicada á análise, con visualización en Shockwave, das fugas do WTC (siglas do antigo alemán Das Wohltemperirte Clavier, ou do inglés Well-Tempered Clavier). Están as fugas todas do primeiro libro (BWV 846 - 869) e so faltan cinco do segundo libro (BWV 870 - 893).

Vou poñer un exemplo, escollendo unha das miñas preferidas: a fuga en “fa menor” do WTC I (BWV 857).

Como digo sempre, hai edicións no dominio público de todas e cada unha das obras de Bach no IMSLP.

Agosto 11, 2007 Posted by César Salgado | Johann Sebastian Bach, Keyboard music, Music, Well-tempered Clavier | | 1 comentario

Beethoven: Symphony No.5, Op.67, movs. 2 and 3 (Toscanini)

En marzo do ano 1952, con case 85 anos, Arturo Toscanini seguía a dirixir concertos coa NBC Symphony Orchestra. Gracias ó canal en YouTube de TheGreatPerformers podemos ver catro vídeos dese ano cos respectivos movementos da quinta sinfonía de Beethoven.

Non sei se é aplicable ó 1952 o que dixen neste blog hai dúas semanas falando do 1944:

Hai quen di que o tempo estaría un pouco acelerado con respecto ó real a causa do sistema de gravación da época (1944). Isto tamén faría que o sonido da orquestra fose un pouco máis agudo que o diapasón co que afinaron ese día. Tamén hai quen sostén que ese era o tempo da partitura e que Toscanini dirixía a esa velocidade.

En canto á sinfonía, a maioría do público so coñece o primeiro movemento. É unha lástima. Eu vou poñer aquí o segundo e o terceiro, menos coñecidos pero xoias dentro da coroa que é esta sinfonía, so comprensible como un todo. Para segui-la música podemos usa-las partituras de Beethoven no IMSLP.

Segundo movemento (Andante con moto):

Terceiro movemento (Allegro):

Hai dúas semanas trouxen a este blog unha anécdota sobre Toscanini, e vólvoa traer, porque aínda é máis significativa aquí:

[from an interview by Robert Stumpf II with Bob Bloom, who played with Toscanini…]

I played for him for six years. He yelled at me a lot, but as a father. After awhile I became, from those in the orchestra, possibly closer than anyone else to Toscanini. Away from the podium, he was like a little child. He loved music. In his study, he would show me Puccini’s snuff box, Verdi’s eye glasses. He treasured these things.

One day I was visiting him and he asked me to stay for lunch. I could tell he was very tired, and we had finished our business, so I told him that I didn’t have to stay. I said, “Maestro, you look tired. Why don’t you take a nap?”

He said, “I’ve been up since five o’clock this morning studying this symphony.” The symphony that week was Beethoven’s Fifth.

I said, “Maestro, how many times have you conducted that?”

He answered, “Oh, hundreds.”

I said, “And you’re still studying it?”

I loved his answer. He said, “Well, I’m always afraid I may have missed something.” This is how he really felt about music.

Agosto 11, 2007 Posted by César Salgado | Beethoven, Music | | Non hai comentarios