No artigo da Wikipedia en inglés sobre Alexey Grigoryevich Stakhanov lemos que era un mineiro da Unión Soviética que se fixo famoso por “traballar de máis”, creándose en torno á súa figura un mito da propaganda oficial e un movemento que premiaba ós traballadores con maior productividade… Mesmo sae unha caricatura deste mito (o cabalo Boxer) na novela Animal Farm, de George Orwell.
Como os blogs son normalmente unha actividade sen retribución pecuniaria, e ademais a cantidade non sempre conleva a calidade, non cabe unha comparación seria entre o mito de Stakhanov e os autores de blogs (quero dicir que, cando o cito, estou de broma).
Por iso, porque seguen a compartir desinteresadamente o seu coñecemento, creo que merecen un aplauso especial (as medallas de Lenin deixámolas para os museus) os blogs educativos galegos que non collen vacacións en agosto. Sei que peco por omisión ou máis ben por ignorancia (debería navegar máis por mar aberto en vez de facer tanta cabotaxe), e vou citar so a dous que visito de cando en vez.
O primeiro é A Nosa Biblioteca 3.7 (bitácora colectiva feita arredor da biblioteca do IES “As Mariñas” de Betanzos). Destaco, por exemplo, a anotación de hoxe, Lengua 2.0, onde fala sobre varios recursos que podemos encontrar na páxina da Fundación del Español Urgente.
O segundo é Guía de Información Académica e Profesional (feito por Daniel Veiga Martínez, do Departamento de Orientación do IES “García Barbón” de Verín). Destaco, por exemplo, a anotación de hai uns días Novidades relacionadas cos ciclos formativos.
Graciñas :-)


Gracias a ti César, eres muy amable.
Entiendo el blog, como un espacio de aprendizaje, y como tal no se coge vacaciones. Por otra parte, qué mejor retribución que compartir lo que aprendemos.
Un saludo !!
Comentario por Antonio — 16 Agosto 2007 @ 18:34
Por cierto ! En el panel lateral de nuestro blog, hay una sección llamada “Biblioblogs Escolares Galegos” ahí encontrarás unas cuantas bibliotecas que están de “guardia” durante el verano.
Saludos !!
Comentario por Antonio — 17 Agosto 2007 @ 07:40