Blog de César Salgado

Bradley Lehman rehearsing Ricercare a 6 from the Musical Offering (BWV 1079)

Xa falei aquí hai un par de meses do doutor Bradley Lehman e sobre a “auténtica afinación” de Johann Sebastian Bach, que parece ter descuberto, subxacente, nas páxinas de Das Wohltemperirte Clavier. Segundo Lehman, con esa afinación, ou se queredes con ese temperamento, soa moito millor a música de Bach (e non so), e ademais vense claros os afectos expresados por cada tonalidade.

Pois onte apareceu, no canal en YouTube de Bradley Lehman, un vídeo caseiro onde ensaia (equivocándose varias veces e mesmo parando nun cambio de páxina) o Ricercare a 6 voces da Musicalisches Opfer (BWV 1079). O vídeo é so un documento de traballo onde o importante, para Bradley Lehman, era o resultado de tocar esta peza coa afinación ou “temperamento” do órgano (evidentemente non valería para un concerto ou gravación con tantos erros). Bradley Lehman di no texto que acompaña ó vídeo:

[...] This performance also answers a 1985 article by Mark Lindley asserting that this Ricercar almost has to be done in equal temperament. It doesn’t, but merely requires temperaments like this that treat the A-flat and D-flat major areas more smoothly than Lindley’s do. Equal temperament merely renders it less interesting, less beautiful, and less dynamic: like a long and relatively aimless piece.

Para segui-las notas da obra podemos usa-las vellas partituras de Johann Sebastian Bach no IMSLP:

Agosto 15, 2007 - Publicado por César Salgado | Johann Sebastian Bach, Keyboard music, Music, Organ, Well-tempered Clavier | | Aínda non hai comentarios

Aínda non hai comentarios.

Deixa un comentario