A través do blog de Jorge Cortell, concretamente da súa anotación de hai unha semana “Ejército, religión, dinero…”, coñezo a existencia dun polémico vídeo onde se ve a altos cargos do exército dos Estados Unidos facendo proselitismo para unha secta relixiosa mentras están no seu posto de traballo cos uniformes postos.
A noticia e o vídeo poden verse en Truthout (3 – VIII – 2007): “Video, Report Details Evangelism at Highest Levels of US Military”.
Pero tamén se pode visita-la páxina da organización que denuncia o proselitismo (evanxelización dirán os que o practican) e os ataques á liberdade relixiosa no exército dos Estados Unidos: Military Religious Freedom Foundation. Eles dedican a este asunto unha atención especial na súa nota de prensa DoD Inspector General Finds Misconduct by Pentagon Generals Participating in “Christian Embassy” Promo Video: Military Religious Freedom Foundation’s Exposé Vindicated.
Realmente méteche o medo no corpo ver a uns integristas teocráticos en postos de tanta responsabilidade (logo falan de Irán). Como din os da MRFF… ¡e estes que saen no vídeo son os que manexan o noso arsenal nuclear, químico e biolóxico!

