AI campaign: Global moratorium on executions now
Amnistía Internacional segue a facer campaña pola abolición da pena de morte en todo o mundo. En vésperas da reunión da Asemblea Xeral das Nacións Unidas recorda, nun documento de traballo, varios argumentos que non poden olvidarse nos debates.
O documento de traballo leva por título “Global moratorium on executions now”.
Cada vez son máis os países que aproban leis para a abolición da pena de morte (o máis recente foi o caso de Ruanda). E cada vez son menos os que executan penas de morte: no 2006, so 25 países.
Ademais, o noventa por cento das execucións tiveron lugar en so seis países: China, Irán, Iraq, Pakistán, Sudán e os Estados Unidos (é unha estimación, porque en China moitas execucións non se fan públicas).
Entre os argumentos contra a pena de morte están os que apelan ós Direitos Humanos, á crueldade dun castigo que nega a posibilidade de reinserción…
É asimesmo terrible a perspectiva dun erro xudicial que condene a un inocente (nos Estados Unidos vemos casos destes con frecuencia).
Tamén debe divulgarse (porque o público soe descoñecelo) que, segundo evidencian numerosos estudios, e estatísticas históricas, a pena de morte non é unha disuasión eficaz contra os crimes violentos.
Eu engadiría que nalgúns casos incluso aumentan os crimes violentos. Pensemos nun asasino que xa matou unha vez. Sabe que, se o prenden, será condenado á morte. Os crimes que cometa de alí en adiante carecen de disuasión, sáenlle “gratis”, porque xa non pode haber outro castigo maior.
En xeral, a pena de morte ten menos forza disuasoria canto piores son as condicións de vida dunha persoa. Se medraches na miseria e non ves oportunidades de progreso, tes “menos que perder” que alguén cun traballo estable que lle permite unha “vida digna”.
Sempre é difícil poñerse no lugar doutra persoa, por iso non chegamos a comprender, coas nosas vidas relativamente acomodadas, que alguén valore a súa en tan pouco como para non sentir esa disuasión de deixar de existir. Se, por exemplo, puidese contarse en poucas palabras a vida dun palestino sen recursos, que nace e medra sen raíces, nunha tenda de campaña dun “campo de refuxiados” porque ós seus pais (ou avós) os botaron da súa terra, que padece unha ocupación militar, que so aprende unha cultura de odio e de guerra, fóra da cal carece absolutamente de pasado, presente e futuro, que nunca viu nin pode imaxinar outra cousa, comprenderíase facilmente que ese palestino puidese unirse a un grupo sectario, padecer un “delirio mesiánico” e chegar a ser un “terrorista suicida”.
Pero preferimos seguir cos ollos cerrados.
Non hai comentarios »
Aínda non hai comentarios.
Deixa un comentario
About (presentación)
Nota: varios vídeos que incluín neste blog, entre eles gravacións históricas de ópera, xa non están en YouTube. Se a causa foi algunha denuncia, opino que é un abuso claro do copyright. Pero, por desgracia para os melómanos e para a difusión da cultura, YouTube é un negocio e son libres para quitalos do seu servizo haxa denuncias ou non…
Para saber máis sobre min, podes visita-la páxina persoal de César Salgado García (que son eu). Este blog empeceino a finais do 2006 para un grupo de alumnos (eran “cuarto B”, de aí o nome que tivo nun principio), pero o proxecto non callou e acabou sendo o meu blog persoal. Recomendo usa-lo navegador Mozilla Firefox. Se queres escribirme, este é o meu e-mail: cesarsalgado@yahoo.com. Este son eu no 1997:

E esta é unha petición para un dominio galego (se os cataláns o conseguiron, nós tamén podemos):
