Somalilandia: denuncian prisión de opositores tras xuízo inxusto
O caso da Somalilandia é sorprendente. Un pequeno país que, desde que declarou a súa independencia de Somalia no 1991, sobrevive sen que a “comunidade internacional” o recoñeza aínda como Estado. Por iso non é membro das Nacións Unidas e non aparece nos anuarios (dos “medios de comunicación” xa nin falamos… africanos e sen Estado, doblemente inexistentes).
Sen embargo, a Somalilandia ten unha Constitución que prevé a formación de partidos políticos, ten un Goberno estable, un exército… e contactos diplomáticos e económicos con varios países, especialmente coa Etiopia, a quen serve como porto para a entrada e saída de mercadorías por mar.
Esta semana Amnistía Internacional (AI) publicou unha nota de prensa denunciando un xuízo inxusto na Somalilandia. Parece que varios membros da elite sociopolítica crearon un novo partido político, o Qaran, e o Goberno ve neles un inimigo potencial. Son detidos por “actividades políticas ilegais” e logo xulgados sen presencia dos seus avogados. E agora, ¿como apelamos á lexislación internacional se ese Estado “non existe”?
Nota de prensa de AI en español: “Somalilandia: Se encarcela a dirigentes de un partido de oposición tras un juicio injusto y se multa e inhabilita a los abogados defensores”
AI press release in English: “Somaliland: Opposition party leaders jailed after unfair trial, defence lawyers fined and banned from practising”

