Vídeos didácticos sobre instrumentos de corda, percusión e vento-madeira
Estiven mirando uns interesantes vídeos didácticos sobre varias familias de instrumentos, que comparte connosco Marian Domínguez (xa usei material seu na anotación “Slideshow with Renaissance musical instruments”).
Os vídeos están en tres recentes entradas da súa bitácora “Nos vemos en el blog”, aínda que tamén están no canal en YouTube de marianmus:
Un vídeo para os instrumentos de corda (protagonizado polos de arco), outro para os de vento-madeira e outro para os de percusión. Sería ideal, para completar este panorama, ter outro protagonizado polos instrumentos de plectro, e outro cos de teclado, e outro cos de vento-metal. Se non veñen pronto, organizaremos unha fanfarra como protesta. Non, tiven outra idea que se revelará maquiavélica: chamaremos á tuna… :-P



Ops, pues me parece que esa fanfarria se va a oír hasta en mi casa… porque lamentablemente no tengo ni los plectros, ni los teclados ni los metales, que ya me gustaría a mí. Y eso de la tuna es realmente maquiavélico… jaja. Vi unos tunos paseando por Múnich hace unos días, y los japoneses los fotografiaban: ¿creerán que son típicos de allí?
Comment por Marian | Agosto 24, 2007 |
La tuna incluso está prohibida en las Convenciones de Ginebra como maltrato a prisioneros de guerra. Yo pensaba en ella al redactar el título de la anotación, por eso me equivoqué, porque son un “instrumento de persuasión”…
Comment por César Salgado | Agosto 24, 2007 |