Blog de César Salgado

HRW report: Hezbollah rockets targeted civilians in 2006 war

Human Rights Watch (HRW) publicou hoxe un informe sobre os ataques que levou a cabo o grupo armado Hezbollah durante a guerra desenvolvida por Israel no sur do Líbano, hai agora un ano.

O informe leva por título “Civilians under Assault: Hezbollah’s Rocket Attacks on Israel in the 2006 War” e so documenta as violacións do Direito Internacional Humanitario (DIH) cometidas por Hezbollah nos seus ataques contra obxectivos civís en Israel.

Non entendo moi ben por que HRW publica este informe monográfico sobre Hezbollah agora. Parece como se as violacións do DIH por parte de Israel (que usaron bombas de fragmentación, provocaron moitos máis civís mortos e desprazados, así como unha destrucción de infraestructuras con proporcións de crise humanitaria e ecolóxica) quedasen olvidadas despois de seren recollidas no informe de hai un ano, “Fatal Strikes: Israel’s Indiscriminate Attacks Against Civilians in Lebanon”.

Con todo, HRW procura estudiar cada unha das cuestións controvertidas na aplicación do DIH nun conflicto “asimétrico” como este, e isto debería servir como exemplo ás institucións internacionais, bloqueadas polo continuo veto de Estados Unidos e Israel.

Agosto 29, 2007 - Posted by César Salgado | Human Rights, Human Rights Watch, Israel, Lebanon, Politics, United States | | Non hai comentarios

Non hai comentarios »

Aínda non hai comentarios.

Deixa un comentario