Vídeos didácticos sobre a Historia da notación musical
Marian Domínguez comparte connosco, na súa bitácora “Nos vemos en el blog” e no canal en YouTube de marianmus, cinco interesantes vídeos sobre a Historia da notación musical, con énfase na figura de Guido Monaco, tamén coñecido como Guido d’Arezzo.
Gracias por compartir cultura.
P.S. (17 - I - 2008). Marian informou onte na súa bitácora, na entrada “Historia de la notación, completa”, de que xa podemos ver, no canal en YouTube de hstier, os vídeos completos do documental mencionado.
Non hai comentarios »
Aínda non hai comentarios.
Deixa un comentario
About (presentación)
Nota: varios vídeos que incluín neste blog, entre eles gravacións históricas de ópera, xa non están en YouTube. Se a causa foi algunha denuncia, opino que é un abuso claro do copyright. Pero, por desgracia para os melómanos e para a difusión da cultura, YouTube é un negocio e son libres para quitalos do seu servizo haxa denuncias ou non…
Para saber máis sobre min, podes visita-la páxina persoal de César Salgado García (que son eu). Este blog empeceino a finais do 2006 para un grupo de alumnos (eran “cuarto B”, de aí o nome que tivo nun principio), pero o proxecto non callou e acabou sendo o meu blog persoal. Recomendo usa-lo navegador Mozilla Firefox. Se queres escribirme, este é o meu e-mail: cesarsalgado@yahoo.com. Este son eu no 1997:

E esta é unha petición para un dominio galego (se os cataláns o conseguiron, nós tamén podemos):
