Blog de César Salgado

30 Setembro 2007

“Hermano Lobo” en internet

Gardado en: History, Human Rights, Humour, Politics, Spain — César Salgado @ 16:20

Coñezo, a través de chuza!, que dixitalizaron e puxeron a disposición do público os números todos dunha das millores revistas de humor gráfico que houbo en España, publicada por Ediciones Pléyades entre o 1972 e o 1976. Nela colaboraban Perich, Forges, El Roto, Chumy Chúmez…

Falo de “Hermano Lobo (semanario de humor dentro de lo que cabe)”, que sufriu a censura e o secuestro naqueles días de dictadura e “transición”, censura e secuestro que volven estar de moda nestes días de presunta democracia: este mesmo ano as autoridades españolas retiraron da circulación un número de El Jueves e procesaron a uns mozos por queimaren fotos do “rei”.

29 Setembro 2007

Manuel Gago convida a visitar Peñalba de Santiago

Gardado en: Education, Galicia, Geography, Spain, Visual arts — César Salgado @ 19:53

Manuel Gago convida, na súa interesantísima bitácora “Capítulo 0″, a visitar Peñalba de Santiago, un sitio precioso pola súa paisaxe e pola súa arquitectura, moi perto de Ponferrada e, por tanto, de Galicia.

Eu recomendo igualmente a visita, pero el cóntao millor, con fotos e mapas incluídos, na súa anotación “Peñalba de Santiago: a xoia dos Montes Aquilanos”

Burma (Myanmar): protestors killed, many detained, restrictions on phones and internet

Gardado en: Burma (Myanmar), Human Rights, Human Rights Watch, Politics — César Salgado @ 13:46

Human Rights Watch publicou onte unha nota de prensa sobre as recentes protestas que tiveron lugar en Birmania (o nome oficial é Myanmar), e que foron cruelmente reprimidas polo Goberno, co resultado de varios manifestantes mortos, centos de detidos e novas restriccións sobre a liberdade de prensa, o uso de teléfonos móbiles e internet.

A nota de prensa leva por título “Burma: End Attacks on Protestors, Account for Monks. UN Envoy to Burma Should Press for Concrete Action During His Visit”.

Tamén a organización de xornalistas Reporters sans Frontières publicou unha nota de prensa sobre estes acontecementos de Birmania, baixo o título “Internet coupé, journaux fermés, journalistes étrangers sous surveillance: la junte militaire tente d’imposer un huis clos”.

Para comprender millor o que pasa neste país, poden ser útiles os seguintes enlaces:

Neste blog xa falei de Birmania noutras tres ocasións.

28 Setembro 2007

Andressolo: “O coitelo antiespanholista” (vídeo de humor)

Gardado en: Galicia, Humour, Politics — César Salgado @ 21:38

Hoxe recibín este vídeo de “comedia” nunha mensaxe que me enviou un bo amigo. Non é unha novidade, pero eu nunca vira monólogo ningún do canal en YouTube de andressolo, e rin un cacho con el. Pareceume interesante o lema do canal: “El que respete algo no significa que no me haga gracia”.

O título deste vídeo é “O coitelo antiespanholista”:

27 Setembro 2007

AI brief report: death penalty in the Commonwealth of Independent States

Amnistía Internacional publicou onte un breve informe sobre a aplicación da pena de morte nos países que forman a Comunidade de Estados Independentes. So un de entre todos estes países, Bielorrusia, segue a dictar e executar penas de morte.

O informe leva por título “Commonwealth of Independent States: Belarus – the sole executioner”. Copio e pego o principio da introducción e os parágrafos dedicados a Bielorrusia:

The death penalty is the ultimate cruel, inhuman and degrading punishment. It violates the right to life. It is irrevocable and can be inflicted on the innocent. It has never been shown to deter crime more effectively than other punishments.

In the past two years, four more countries – Albania, Kyrgyzstan, Philippines and Rwanda – have abolished the death penalty. At present, a total of 133 countries have abolished the death penalty in law or in practice. Sixty-four other countries and territories retain and use the death penalty, but the number of countries which actually execute prisoners in any one year is much smaller. [...]

Belarus: the last executioner

Belarus is the last executioner in law and practice in the CIS and the wider Europe and Central Asia region. In Belarus, the courts continue to hand down death sentences and prisoners continue to be executed. Figures for the number of executions carried out are not publicly available. Execution is by gunshot to the back of the head, and relatives are not officially told of the date of the execution or where the body is buried.

Amnesty International is calling upon the authorities of Belarus to promptly introduce moratoria on executions and death sentences.

“Cálico Electrónico”: anuncian o comezo da terceira temporada

Gardado en: Humour, Spain — César Salgado @ 20:38

Acabo de recibi-la noticia: anuncian, para o próximo día 30 ás 12 da noite, o comezo da terceira temporada de “Cálico Electrónico”, serie de humor española que en algún dos capítulos de temporadas anteriores me fixo chorar coa risa. Espero que manteñan o nivel.

26 Setembro 2007

Slideshow con fotos do outono e música de Vivaldi

Gardado en: Education, Music, String music, Visual arts, Vivaldi — César Salgado @ 21:21

Acabo de encontrar, gracias ó blog Musicanaescola, unha presentación (slideshow) elaborada por Isidro Vidal Uraga con fotografías sobre o outono e unha coñecida música de fondo composta por Antonio Vivaldi (1678 – 1741): unha parte do concerto para violín solista, cordas e baixo continuo en “fa maior” titulado “L’autunno” (que fai o número 3 no opus 8, Il cimento dell’armonia e dell’inventione).

Mireina, escoiteina e pareceume un traballo ben feito e mesmo útil para a aula. A presentación encóntrase no enderezo http://www.slideshare.net/isidro/otoo, e as fotos vense moito millor se pinchamos na esquina inferior direita, onde pon “full”… :-)

Hai unha transcripción do referido concerto na páxina de partituras de Vivaldi no IMSLP.

25 Setembro 2007

Monteverdi: dous madrigais do VIII libro para un soneto de Petrarca

Gardado en: Language, Literature, Monteverdi, Music, Petrarca, Vocal music — César Salgado @ 21:26

Claudio Monteverdi (1567 – 1643) é recoñecido como o máis grande compositor da súa época. Entre outras cousas a súa obra mostra a transición entre a prima prattica e a seconda prattica, características do Renacemento e do Barroco, respectivamente.

Hoxe, gracias ó canal en Youtube de OedipusColoneus, traio, nunha excelente interpretación, dous madrigais do oitavo libro (Madrigali guerrieri, et amorosi con alcuni opuscoli in genere rappresentativo…), “Hor che’l ciel e la terra” e “Così sol d’una chiara fonte viva”. Do primeiro hai transcripción na páxina de partituras de Monteverdi na CPDL. Do segundo non encontrei transcripción.

O texto dos dous forma un soneto de Francesco Petrarca (1304 – 1374) e está, con traducción ó inglés, na páxina da doutora Laurie Stras:

Hor che ’l ciel e la terra e’l vento tace,
E le fere e gli augelli il sonno affrena,
Notte ‘l carro stellato in giro mena,
E nel suo letto il mar senz’ onda giace.
Veggio, penso, ardo, piango e chi mi sface
Sempre m’è in anzi per mia dolce pena,
Guerra è il mio stato d’ira e di duol piena
E sol di lei pensando ho qualche pace.
Così sol d’una chiara fonte viva
Move ‘l dolce l’amaro ond’ io mi pasco
Una man sola mi risana e punge
Perchè ‘l mio martir non giunge a riva,
Mille volt’il dì moro e mille nasco,
Tanto da la salute mia son lunge.

P.S. (1 – IV – 2008). Releo hoxe o soneto, paro nos catro verbos do verso quinto “Veggio, penso, ardo, piango…” e reparo en que xa Marcus Tullius Cicero (106 – 43 a.C.) escribira “Abiit, excessit, evasit, erupit” (In Catilinam II, 1). Para catro frases que sei en latín e non me dera conta ata hoxe…

Artigos Antigos »

Bloguea en WordPress.com.