Texas: noticias sobre a pena de morte
Transmito dúas noticias que chegaron esta semana falando sobre a aplicación da pena de morte no Estado de Texas.
A primeira di que xa son máis de 400 os executados en Texas desde o reinicio desta práctica. A aplicación da pena de morte nos Estados Unidos suspendeuse durante varios anos gracias a sentencias do Tribunal Supremo, pero esa moratoria rematou no 1976. A suma para o conxunto dos Estados Unidos xa supera os 1 090 executados.
A segunda, un pouco máis esperanzadora, di que o gobernador de Texas conmutou unha pena de morte por primeira vez nos oito anos que leva no cargo. Foi no caso de Kenneth Foster, quen, segundo parece, so axudara a fuxir a un asasino, e recibiu a mesma pena que el.
Explícano sucintamente nesta nota do DPIC: “Texas Governor Grants Rare Death Penalty Commutation”. E algo máis extensamente nestoutra de Associated Press recollida pola NCADP: “Perry spares inmate set to die”.
Enlaces relacionados:
Non hai comentarios »
Aínda non hai comentarios.
Deixa un comentario
About (presentación)
Nota: varios vídeos que incluín neste blog, entre eles gravacións históricas de ópera, xa non están en YouTube. Se a causa foi algunha denuncia, opino que é un abuso claro do copyright. Pero, por desgracia para os melómanos e para a difusión da cultura, YouTube é un negocio e son libres para quitalos do seu servizo haxa denuncias ou non…
Para saber máis sobre min, podes visita-la páxina persoal de César Salgado García (que son eu). Este blog empeceino a finais do 2006 para un grupo de alumnos (eran “cuarto B”, de aí o nome que tivo nun principio), pero o proxecto non callou e acabou sendo o meu blog persoal. Recomendo usa-lo navegador Mozilla Firefox. Se queres escribirme, este é o meu e-mail: cesarsalgado@yahoo.com. Este son eu no 1997:

E esta é unha petición para un dominio galego (se os cataláns o conseguiron, nós tamén podemos):
