Blog de César Salgado

Un “top ten” en obras arquitectónicas promovidas por megalómanos

A través de chuza! chego a unha interesante clasificación de obras arquitectónicas que destacan por seren de escasa utilidade (ou inútiles sen máis), extremadamente grandes e promovidas todas elas por políticos megalómanos en Estados cun deficiente control do gasto público.

Ó seren inútiles e extremadamente grandes xa son de por si caras de máis, pero a consecuencia realmente nefasta é que os habitantes deses Estados ven hipotecadas as súas necesidades básicas, segundo os casos a alimentación, a sanidade, a vivenda, a educación…

A clasificación está en “Top ten das mais grandiosas e incomprendidas obras de arquitectura do mundo” (Túzaro blog, 31 – VIII – 2007).

Entre esta galería dos horrores morais (e, normalmente, tamén estéticos) eu escollo:

  • o proxecto, inacabado, de hotel máis alto do mundo en Corea do Norte (país que gasta moreas en desenvolver armas nucleares e ten á maioría do seu pobo morrendo literalmente de fame), promovido por Kim Il-sung
  • o templo católico máis grande do mundo en Costa de Marfil (un dos países menos desenvolvidos do mundo, ver Human Development Index), promovido por Félix Houphouët-Boigny
  • o proxecto “Cidade da Cultura”, inacabado, promovido por Manuel Fraga Iribarne

Segundo a Plataforma Cidadá “Cultura si, mausoleo non”, na “Cidade da Cultura” xa se gastaron máis de 370 millóns de euros nas obras. Unhas obras que están sen terminar e non se sabe para que van servir…

Setembro 2, 2007 - Publicado por César Salgado | Côte d'Ivoire, Galicia, History, Human Rights, North Korea, Politics, Spain | | 2 Comentarios

2 Comentarios »

  1. Interesante y vergonzoso… me impresionan especialmente el Vaticano II y la biblioteca de Alejandría (con su elevado índice de analfabetismo) 8| Lo de vuestra Cidade da Cultura no lo conocía… y me ha recordado a este vídeo que vi hace algún tiempo en el blog de Carme Barba: http://es.youtube.com/watch?v=oOu_Dvlq7fQ
    Algunos comentarios no tienen desperdicio…

    Comment por Marian | Setembro 4, 2007 | Comentario

  2. Gracias por la referencia, Marian. La comparación entre el Palau de les Arts y el Conservatori es muy gráfica. Los valencianos, como los gallegos o cualquier otro pueblo, pagamos los proyectos de los políticos megalómanos dos veces: primero, porque el dinero sale de nuestros bolsillos; segundo, porque sufrimos el consiguiente déficit presupuestario en los servicios esenciales.

    Podría añadir otra más: la vergüenza que pasamos cuando le explicamos a un forastero que la opción del político megalómano ha sido la más votada en las elecciones…

    Comment por César Salgado | Setembro 4, 2007 | Comentario


Deixa un comentario