Blog de César Salgado

Iran: 210 executed since the start of 2007

Amnistía Internacional (AI) publicou hoxe outra nota de prensa sobre a aplicación da pena de morte en Irán. Nesta denuncia o incremento do número de execucións: en todo o 2006, AI contabilizou 177; no que vai do 2007, AI xa leva rexistradas 210, entre elas 21 esta mañá, e polo menos 2 de condenados que eran menores de 18 anos no momento de cometerse o delicto.

A nota de prensa, en inglés, leva por título “Iran: Amnesty International appalled at the spiralling numbers of executions”.

Setembro 5, 2007 Posted by César Salgado | Amnesty International, Death penalty, Human Rights, Iran, Politics | | Non hai comentarios

“Fronteiras”, documental sobre o “galego exterior”

Descubro, gracias a chuza!, o interesante documental “Fronteiras” de Rubén Pardiñas. Dura case unha hora e as fronteiras das que trata son as da lingua galega. Como podemos comprobar, hai xente que fala a nosa lingua nas zonas occidentais das provincias de Asturias, León e Zamora. Alí o recoñecemento oficial do galego é nulo ou moi precario. Tamén se trata do galego do norte de Portugal… :-)

A incoherencia das fronteiras culturais e lingüísticas coas administrativas levou á creación dos termos “galego exterior” e “Galicia irredenta”, este último de clara connotación política… Disque o documental foi emitido pola Televisión de Galicia o 25 de xullo do 2007.

No vídeo hai varias actuacións estelares, pero para min a máis lúcida é a de Xosé Luís Méndez Ferrín:

Setembro 5, 2007 Posted by César Salgado | Galicia, History, Human Rights, Language, Music, Politics | | Non hai comentarios

Botswana: six Bushmen arrested for hunting

Segundo informa Survival International, a policía de Botswana arrestou a seis bosquimanos por cazar na terra onde sempre o fixeron, a pesar de que unha sentencia, dictada o ano pasado polo Tribunal Supremo, lles permite ocupar ese territorio e cazar nel.

Nota de prensa de Survival en español: “Botswana: seis bosquimanos arrestados por cazar en su propia tierra”.

Survival press release in English: “Six Bushmen arrested for hunting”.

Sobre a situación dos bosquimanos en Botswana é moi interesante un documento de Survival que compara os prexuízos do antigo sistema escravista e os que se usan agora contra os indíxenas (PDF de 175 KB): “Los prejuicios de la esclavitud continúan usándose contra los pueblos indígenas”.

Setembro 5, 2007 Posted by César Salgado | Botswana, Human Rights, Politics, Survival International | | Non hai comentarios