“Fronteiras”, documental sobre o “galego exterior”
Descubro, gracias a chuza!, o interesante documental “Fronteiras” de Rubén Pardiñas. Dura case unha hora e as fronteiras das que trata son as da lingua galega. Como podemos comprobar, hai xente que fala a nosa lingua nas zonas occidentais das provincias de Asturias, León e Zamora. Alí o recoñecemento oficial do galego é nulo ou moi precario. Tamén se trata do galego do norte de Portugal… :-)
A incoherencia das fronteiras culturais e lingüísticas coas administrativas levou á creación dos termos “galego exterior” e “Galicia irredenta”, este último de clara connotación política… Disque o documental foi emitido pola Televisión de Galicia o 25 de xullo do 2007.
No vídeo hai varias actuacións estelares, pero para min a máis lúcida é a de Xosé Luís Méndez Ferrín:
Aínda non hai comentarios.


